YOMEQUEDOENCASA.jpg

Ultimas Noticias

  • LISTAXE PROVISIONAL DE ALUMNADO. ADMISIÓN CURSO 2020/2021

    LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDOS PARA O CURSO 2020_2021

     

     

     

     

     

     

     

     

     
  • Devolución de libros do fondo libros do curso 2019/2020

    A devolución del fondo de libros do presente curso levarase a cabo de forma similar a años anteriores, e dicir, o final de curso.

    Sen embargo, debido a situación que estamos a vivir será dunha forma controlada para evitar aglomeracións no centro e evitar así posibles riscos para todos.

    As instrucións concretas serán publicadas aquí na páxina web do centro nas vindeiras semanas.

     
  • AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

    Axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2020/21

     

    Prazo de presentación de solicitudes

    Dende 20/05/2020 ata o 19/06/2020

     

    Opcións de presentación da solicitude:

    Leer más...  
  • AVISO IMPORTANTE

    OS ALUMNOS DO NOSO CENTRO NON VOLVERÁN ÁS AULAS O DÍA 25 DE MAIO. 

    Soamente os alumnos dos segundos cursos de bacharelato e de ciclos medio e superior de FP poderán volver ás aulas -de xeito voluntario- a partir do 25 de maio, tal e como anunciou a Xunta de Galicia o pasado xoves 14 de maio de 2020

     Á espera de novas comunicacións por parte da Consellería de Educación, que seguiremos comunicando pola nosa páxina web. 

     
  • INFORMACIÓN SOBRE A AVALIACIÓN E CUALIFICACIÓN

    INFORMACION SOBRE Á AVALIACIÓN DO ALUMNADO

    No seguinte documento explícase a avaliación e cualificación do alumnado no presente curso 2019-2020, tendo en consideración a situación dende a declaración do estado de alarma.

    Leer más...  
  • APERTURA DO CENTRO

    O vindeiro día 11 de maio no Colexio Ferroviario, unha persoa do equipo directivo estará en horario de 10 h a 13 h para atender o público tras CONCERTAR CITA PREVIA para evitar aglomeracións. 

    Para concertar dita cita previa é MOI IMPORTANTE chamar con antelación ao teléfono do centro, o 982 40 07 80. Recorden que é necesario levar MASCARILLA e LUVAS.

     
  • REAPERTURA DE PLAZOS DE SOLICITUDE DE ADMISIÓN DE ALUMNADO

    1. Prazo de presentación de solicitudes de admisión.


    Restablecerase o prazo para a presentación das solicitudes de admisión de alumnado o día 11 de maio de 2020 e rematará o día 18 do mesmo mes.

     

    2. Novos prazos do procedemento.

    a) De conformidade co artigo 33 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os demais prazos do procedemento de admisión reduciranse á metade.


    b) Novos prazos do proceso:

    • Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: ata o día 26 de maio de 2020.
    • Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: antes do 9 de xuño de 2020.
    • Poderanse formular reclamacións contra as listaxes provisionais no prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.
    • Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: ata o 26 de xuño de 2020.
    • Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: do 1 ao 10 xullo de 2020.
    • Formalización da matrícula ordinaria en educación secundaria obrigatoria: do 1 ao 10 xullo. Prazo extraordinario: do 1 ao 10 de setembro de 2020.
     

Por favor, introduzca la dirección de correo electrónico que tiene asociada con su cuenta de usuario. Su usuario le será enviado si la dirección que nos facilita es la correcta.

Copyright © 2020 Colexio Ferroviario. Todos los derechos reservados.
Joomla! es software libre, liberado bajo la GNU General Public License.