DEA (Desfibrilador Externo Automático) no Colexio Ferroviario

Categoría: Secretaría

Desde o día 12 de decembro do 2018 o Colexio Ferroviario dispón dun desfibrilador automático nas súas instalacións. Grazas ao ANPA, que doou este equipo, o Ferroviario convértese na terceira instalación e no primeiro colexio en Monforte que dispón deste importante dispositivo para axudar a salvar vidas no noso concello.

Este feito é posíbel grazas ao Decreto 38/2017 polo que se regula a instalación e o uso de desfibriladores externos fora do ámbito sanitario; este Decreto capacita para o uso dos DESA en Galicia a médicos, enfermeiros e Técnicos de Emerxencias Sanitarias (TES), ademais daquelas persoas que, sen ser pertencentes ás citadas profesións, dispoñan dun título de SVB e DESA.

 Este decreto prevé un rexistro de desfibriladores Externos en Galicia. Actualmente a Sociedade Española de Cardiología dispón dunha app (ARIADNA) para localizar os DEA (desfibrilador externo automático) que están dados de alta na devandita app. ARIADNA pódese descargar para Android dende aquí ou para Mac dende aquí.

 
Copyright © 2020 Colexio Ferroviario. Todos os dereichos reservados.
Joomla! é software libre feito sobre a GNU Licenza Pública Xeral.