AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

Categoría: Secretaría

Axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2020/21

 

Prazo de presentación de solicitudes

Dende 20/05/2020 ata o 19/06/2020

 

Opcións de presentación da solicitude:

  • 1º Opción: De xeito telemática.

No formulario normalizado (anexo I ) dispoñible na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal.

Para presentar as solicitudes poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

 

 

  • 2º opción: De xeito presencial no centro escolar.

Descargar ou recoller no centro escolar o formulario (anexo I e anexo II). Pode descargalo facendo clic enriba de cada anexo.

 

 

Documentación complementaria necesaria para tramitar o procedemento

  • Solicitude (anexo l) debidamente cumprimentada.
  • Comprobación dos datos dos membros da unidades familiar (anexo ll).
  • Fotocopia do DNI ou NIE da persoa solicitante (persoa adulta que realiza a solicitude).

 

  • Fotocopia do libro de familia ou documento equivalente onde figure o alumno e os demais membros computables da unidade familiar. En caso de separación ou divorcio, deberán achegar ademais a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.
  • Declaración do imposto da renda 2018 (dos membros da unidade familiar)

Documentación de ser o caso:

  • Certificado acreditativo do grao de discapacidade, se fose o caso, recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.
  • Violencia de xénero: Acreditarase en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.
  • Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada, no caso que corresponda.
Copyright © 2020 Colexio Ferroviario. Todos os dereichos reservados.
Joomla! é software libre feito sobre a GNU Licenza Pública Xeral.